PROXECTA: PLAN DEPORTIVO DE CENTRO





          A sociedade actual está dificultando ás familias o cumprimento dalgunhas funcións que tradicionalmente se ses asinaran. Cada vez máis os centros educativos programan e desenrolan actividades de todo tipo, moitas das veces sen un criterio previo ou adecuado ós nenos que as realizan. Desde este plan intentarase coordinar as mesmas e darlle un sentido didáctico e de promoción da saúde que debería rexir os mesmos.
Este programa ten como obxectivo desenvolver unha das actuacións do Programa de fomento da actividade física en idade escolar incluído no Plan Galicia Saudable. O seu principal obxectivo é adoptar medidas para que todo o alumnado galego teña acceso a unha práctica de actividade física de calidade, dando oportunidade de adoptar un estilo de vida activo que favoreza a súa saúde, contribuíndo a frear o actual incremento de enfermidades crónicas atribuíbles ao sedentarismo na sociedade actual.
O Proxecto Deportivo de Centro fomentará a coordinación dende os centros educativos dos diferentes axentes que interveñen na promoción de hábitos de vida saudable e de actividades físicas e deportivas escolares e extraescolares, dotándoas do compoñente educativo e didáctico necesario que debe acompañar a estas actividades no contexto escolar. Deste xeito fomentarase así proxectos interdisciplinares específicos que leven á consecución dos  obxectivos.

OBXETIVOS
- Promover a actividade física, o deporte e a saúde nos escolares para que acaden a cantidade mínima de actividade física recomendada por diferentes institucións e estudos de referencia para manter unha boa saúde.
- Ordenar e ampliar as ofertas de actividade física de calidade no ámbito local para optimizar os recursos existentes en torno o centro escolar (escolas deportivas municipais, clubs deportivos...).
- Coordinar as diferentes estruturas que xestionan o deporte en idade escolar: centros escolares, concellos, agrupacións deportivas, ANPAs...).

DESENVOLVEMENTO
Desde o centro fomentarase a coordinación e asesoramento dos diferentes axentes que interveñen na promoción de hábitos de vida saudable e de actividades físicas e deportivas escolares e extraescolares. Para elo se levarán a cabo reunións nas que cada un deles aportarán as súas visións e, desde elas, intentarase cadar os obxetivos propostos.

AVALIACION
O longo do curso, a través de controles nos que todos os partipantes, nenos, docentes e monitores poderán manifestar se se están a cadar os obxetivos e o seu grado de satisfacción, e adaptar os mesmos as novas situacións se fose necesario. Tamén haberá un tipo de avaliación suxetiva no que se manifestarán as opinións dos distintos participantes

Excursión de 4º ESO